Saltar navegación

3. Principais fitos na Península Ibérica na Idade Media

A Idade Media na Península: de onde vimos?

Nesta unidade aprenderás os feitos máis importantes da Alta e Plena Idade Media na Península Ibérica: que pasa despois do Reino Suevo de Galicia? Que pobos vivían no territorio peninsular? Como aparecen os reinos medievais cristiáns? Como eran as relacións entre membros de distintas relixións?

Castelo de Monterrei en Verín
Fotografía do Castelo de Monterrei en Verín

Como xa vimos ao estudar outras épocas e lugares, estes factores inflúen na nosa sociedade actual, e a Idade Media non é unha excepción: os castelos que vemos espallados por Galicia, as catedrais, incluso a lingua! Estas cousas afunden as súas raíces na Idade Media, así que imos aló!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)