Saltar navegación

5. Conclusión e autoavaliación

Unha Alta Idade Media moi diversa!

Animádevos a resolver os enigmas!
Fisgar

Chegados a este punto do recurso, xa sabemos que a historia da Península Ibérica, na Alta Idade Media, non foi tan escura como se adoita pensar.

Foi un período de transición do mundo clásico ao mundo medieval, do final do grande Imperio Romano ao mundo feudal. É unha etapa de importantes transformacións sociais, políticas, económicas e culturais da Europa Occidental.

Lembrade que esta etapa iníciase en dous bloques culturais: a monarquía visigoda (dos séculos V ao VIII) e o Al-Ándalus omeia, dende principios do século VIII a principios do século XI. Dende o século VIII conviviran dúas realidades culturais-relixiosas na Península: Os Reinos cristiáns do Norte e os Estados musulmáns do Sur. Ambas as culturas conviviron, en momentos pacificamente e noutros enfrontados, no proceso chamado "Reconquista".

Repasemos un pouco o aprendido, co visionado deste vídeo "Visigodos e musulmáns", resolvendo as cuestións formuladas.

  1. A chegada, polo norte, dos pobos bárbaros á península. Si, aqueles que vivían no limes romano e que causaron a súa destrución!
  2. A chegada, polo sur, dos árabes. Non había quen parara na península con tanta actividade bélica!
  3. A arte islámica e a súa importancia na península.
  4. As características xerais da Alta Idade Media.

com/watch?v=Ns9c58qZ2Cc

Aplausos

Xa lle demos unha volta a todo o contido do recurso, verdade?

Parabéns se fuches quen de resolver todas as cuestións!

Muerte de Roldán en la batalla de Roncesvalles, ilustración de las Grandes Chroniques de France de Jean Fouquet. (Dominico público)

Chegando á meta! Valoramos o aprendido!

Que aprendemos neste recurso?

Preme na imaxe para descargar o PDF
Esquema-resumo do traballado no REA

Como salvamos a Malaquías?

Chega o momento da posta en común do traballo desenvolvido, para o cal cada un dos equipos debe facer unha exposición das conclusións desta unidade e dar a coñecer a vosa investigación ao resto de membros da clase. Lembrade que tiñades dúas escollas.

Primeira escolla: Elaboración dun códice medieval

Logo de facer a vosa investigación e elaborado o contido do voso códice medieval, coa letra axeitada, é tempo de darlle o aspecto medieval ao noso traballo, fabricando un auténtico códice medieval. Animádevos a ser monitores e monitoras do resto dos compañeiros e compañeiras?

Propoñémosvos que, nunha sesión de clase, fagades un obradoiro de encadernación do códice elaborado. Para iso, podedes visionar o seguinte vídeo sobre "Encadernación Medieval", sinxelo e barateiro.

Finalmente suxerimos que compartades o resultado do voso reto coa biblioteca do voso centro. Seguro que hai un fermoso expositor para as novidades e, os vosos códices medievais serán inspiradores para moitos dos seus usuarios e usuarias. Falade coa vosa profe e/ou a coordinadora da biblioteca. Seguro que lle parecerá unha grande idea.

Segunda escolla: Resolver as pistas que liberen ao monxe Malaquías

Nunha sesión de clase, valoraredes nun debate na clase sobre:

1.- Criterio empregados para a escolla do pobo ou cultura.

2.- Facilidade para atopar información sobre o mesmo e a veracidade da información localizada.

3.- Avaliar a importancia da vida monacal e dos códices nos seus scriptoriums.

4.- Valorar o grao de dificultade na resolución das pistas.

Non esquezades recoller as vosas conclusións, por escrito, no diario de Aprendizaxe.

Rematando o diario

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Ten en conta que debes cubrir o bloque 5: Explorar Reto final, do teu diario de aprendizaxe, coas reflexións recollidas ao final do debate na clase sobre o noso monxe Malaquías.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)