Saltar navegación

5.2. Exposición

 

Glosario

Escala de valoración

Pictograma de dúas mans realizando o símbolo de ben e mal, e un símbolo de pregunta.

Definición:

Permite determinar o grao de adquisición dun coñecemento, habilidade ou destreza mediante unha escala numérica ou na que se indique un nivel de desempeño concreto.

Exemplo:

A mestra explicounos en que consistía a escala de valoración para puntuar o noso traballo.

A voltas co conto

Chegou o momento de compartir e comunicar todo o que agora sabes. Dedica cinco minutos para revisar os últimos retoques do reto e as frases estelares do voso discurso. Tócavos contar un conto.

Realizaredes a exposición por quendas, e mentres os compañeiros expoñen, cubriredes a valoración da súa actuación, na escala que atoparedes máis abaixo.

Táboa na que se mostran varios indicadores e se debe graduar o seu nivel de desenvolvemento no traballo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)