Saltar navegación

4.2. Elaboración do discurso

A voltas co conto

Unha vez temos o soporte e o contido do conto elaborado, tan só nos queda contalo.

Para iso xuntaraste co teu equipo e elaboraredes o discurso que servirá de narración acompañando a exposición final do produto.

Para iso, debedes seguir o seguintes pasos:

Chuvia de ideas

Pictograma de dúas persoas compartindo unha idea.

Poñede en común todas as ideas do grupo e recompilade todas aquelas que vos sirvan para contar o que aprendestes.

Debedes facer fincapé en contar todos os contidos e as explicacións recollidas nas imaxes ou padróns, tendo moi en conta o ritmo de secuencia no enrolamento do conto.

Ordenade as ideas

Indicade que queredes contar antes e que despois.

Redactade os parágrafos

Pictograma dun lapis e un folio.

Escribide o que ides contar en diferentes parágrafos desenvolvendo un pouco cada unha das ideas anteriormente seleccionadas.

Revisade a coherencia

Prestade especial atención á coherencia entre uns parágrafos e outros, é dicir, que o texto teña sentido e non presente contradicións. Para iso, é necesario empregar ben os conectores no voso discurso.

Repartide o texto

Establecede o que vai dicir cada un/ha de vós e ensaiádeo unhas cantas veces co conto enrolable antes de expoñelo. Prestade atención á linguaxe corporal (a nosa postura corporal, como movemos as mans ao explicarnos, se temos que sinalar algunha parte ou mostrar algún debuxo, entre outros).Pictograma dunha persoa expoñendo o seu traballo.

Lectura facilitada

Agora xa temos todas as pezas do noso reto.

Chega o momento de comunicar os resultados do noso traballo.

Elaboraredes o voso discurso en equipo.

Será o que contedes ao resto de compañeiros.

Para iso, debedes seguir estes pasos:

1 - Chuvia de ideas.
Poñede en común todas as ideas do grupo.

Recompilade todas aquelas que vos sirvan para contar o que aprendestes.

2 - Ordenade as ideas.
Indicade que queredes contar antes e que despois.

3 - Redactade os parágrafos.

Escribide o que ides contar en diferentes parágrafos.

Desenvolvede cada unha das ideas anteriormente seleccionadas.

4 - Revisade a coherencia.
Fixádevos en que os parágrafos sexan coherentes.

É dicir, que o texto teña sentido.

Evitade que o texto teña ideas contraditorias.

Empregade ben os conectores no voso discurso.

5 - Repartide o texto.
Establecede o que vai dicir cada un/ha de vós.

Ensaiádeo unhas cantas veces antes de expoñelo.

Prestade atención á linguaxe corporal.

Por exemplo: ao movemento das mans ao explicarnos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)