Saltar navegación

4.1. Montaxe

 

Glosario

Pergamiño

Pictograma que mostra un papel antigo.

Definición:

Papel feito de pel animal ou vexetal que se empregaba para escribir na antigüidade.

Exemplo:

Na biblioteca municipal aínda se conservan algúns pergamiños.

Materiais

Para realizar o libro enrolable necesitaranse os seguintes materiais:Imaxe que mostra os materiais necesarios para a montaxe do conto enrolable

  • Caixa de cartón
  • Tiras de madeira de manualidades 
  • 2 tubos de filme transparente
  • Papel continuo
  • Tesoiras
  • Lapis de cores ou rotuladores
  • Cinta adhesiva transparente ou dobre cara ou pegamento de barra
  • 4 tapóns de plástico
  • Silicona quente

Lectura facilitada

Materiais:

  • Caixa de cartón
  • Tiras de madeira de manualidades 
  • 2 tubos de filme transparente
  • Papel continuo
  • Tesoiras
  • Lapis de cores ou rotuladores
  • Cinta adhesiva transparente ou dobre cara ou pegamento de barra
  • 4 tapóns de plástico
  • Silicona quente

Proceso de montaxe

Pasiños do proceso:

O primeiro que faremos é, na tapa da caixa, recortar un rectángulo un pouco máis pequeno que unha folla de papel DIN A4 (un centímetro menos por cada lado aproximadamente).

A continuación, nun só dos lados longos da caixa de cartón, e cara á parte de abaixo (a contraria á abertura), recortaremos dous orificios polos que poidan pasar os tubos de cartón do filme transparente. 

Fotografía do material para o primeiro paso para construír o conto enrolable.

Noutro lado longo, pero por dentro, pregaremos con silicona quente dous dos tapóns de plástico. Serán o soporte onde se opoie e viren os tubos de cartón.

Na parte que sobresaen os tubos da caixa, pregaremos con silicona quente as outras dúas tapas de plástico, que farán de mandos cos que xiraremos os tubos que formarán o pergamiño (base do conto enrolable). Se os tubos sobresaen moito, poden cortarse un pouco.

Na tapa, por dentro, pegaremos as tiras de madeira como na imaxe, que farán de guía do papel.

Cortaremos tiras longas de papel continuo coas medida do ancho do folio, asegurándonos de que pasa polas guías de madeira que colocamos na tapa da caixa. Podemos facer varias tiras e unilas con pegamento de barra ou cinta adhesiva.

Fotografía do material para realizar o segundo paso para construír o conto enrolable

Fotografía do material para realizar o terceiro paso para construír o conto enrolable

Fotografía do material para o cuarto paso para construír o conto enrolable.

Podemos empezar a debuxar o noso contido do conto enrolable, asegurándonos de que cada “escena” está separada da seguinte, ocupando o tamaño da abertura que lle fixemos á caixa, para asegurarnos que as transicións sexan fluídas.

Fotografía do material para realizar o paso para construír o conto enrolable.

Unha vez decorado o conto enrolable, podemos proceder á súa montaxe: primeiro, pegarémolo nun dos tubos de cartón; logo, pasarémolo polas guías de madeira da tapa; e, finalmente, pegarémolo no outro tubo, procedendo así a enrolalo.

Fotografía do material para construír o sexto paso do conto enrolable.

Xa tes listo o teu conto enrolable!

Lectura facilitada

Pasos:

  1. Recorta un rectángulo do tamaño dun folio na tapa da caixa.
  2. Recorta dous orificios polos que poidan pasar os tubos de cartón.
  3. No interior pega os dous tapóns de plástico para suxeitar os tubos.
  4. Pega con silicona as dúas tapas de plástico nos tubos da caixa.
  5. Pega as tiras de madeira no interior da tapa.
  6. Corta tiras longas de papel continuo. Toma como medida o ancho do folio.
  7. Debuxa o contido no papel continuo.
  8. Prega o conto nun dos tubos de cartón.
  9. Pása o papel polas guías de madeira.
  10. Enrola o papel no outro tubo.


Xa tes listo o teu conto enrolable!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)