Glosario
Divulgación
-
Definición:
-
Dar a coñecer ao público unha información.
-
Exemplo:
-
O persoal de enfermería está a divulgar información sobre a importancia de lavar as mans para a nosa saúde.
Procesador de texto
-
Definición:
-
Sistema informático que permite elaborar un texto nun ordenador ou outro dispositivo electrónico.
-
Exemplo:
-
O procesador de texto que empregamos na escola é de uso gratuíto.





Nun procesador de texto ou programa de deseño, escolle co teu equipo un formato, díptico ou tríptico, e elaborade un folleto sobre o contido que acabas de traballar. Isto servirá de divulgación no teu centro de saúde e na farmacia do barrio.
Seguindo co traballo do conto enrolable, agora abordarás xunto ao teu equipo a parte que acabas de traballar no folleto.