Completa o teu diario de aprendizaxe

Nesta fase 1 fixeches unha actividade para coñecer o teu superpoder e compartíchelo co teu grupo. De todos os superpoderes, cal destacarías e por que?
Tamén descubriches a Ángela Ruíz Robles e o seu libro enrolable precursor do libro electrónico.
Agora pensaredes un invento que cambie o futuro ao igual que o fixo o aparello de Ángela.
Abre o teu diario de aprendizaxe e déixate guiar polas súas páxinas.
Lectura facilitada
Completa a Fase do diario de aprendizaxe.
Reflexiona sobre as habilidades da inventora do conto enrolable.
Anota os teus pensamentos e ideas no diario.
Coñecerás a forma na que aprendes mellor.