Glosario
Padrón
-
Definición:
-
Modelo que serve de mostra para obter unha copia igual.
-
Exemplo:
-
Os nenos realizan os debuxos seguindo o padrón da mestra.
Definición:
Modelo que serve de mostra para obter unha copia igual.
Exemplo:
Os nenos realizan os debuxos seguindo o padrón da mestra.
Os ovarios producen óvulos que viaxan polas trompas de Falopio cara ao útero, onde poderían implantarse se ocorre a fertilización. A vaxina, conectada á vulva, serve como vía de entrada e saída.
A vulva inclúe os labios maiores e menores, que protexen as estruturas internas, e o clítoris, que é unha parte sensible relacionada co pracer.
O óvulo é a célula reprodutora feminina. É moito máis grande que o espermatozoide e é producido polos ovarios. Durante a ovulación, un óvulo maduro é liberado por un dos ovarios e viaxa polas trompas de Falopio, onde pode ser fertilizado por un espermatozoide.
O óvulo contén a metade do material xenético necesario para crear un novo ser humano, que se combina co do espermatozoide durante a fecundación. Se non é fertilizado, o óvulo desintégrase e é expulsado durante a menstruación.
Este é fundamental para o proceso de reprodución e o inicio da vida.
O aparello reproductor feminino é o conxunto de órganos que permiten a reprodución nas mulleres.
As células reproductoras femininas chámanse óvulos.
Está formado por unha parte interna e outra externa.
Funcionamento do aparello reprodutor feminino
Cada mes, un óvulo maduro é liberado por un dos ovarios.
Este óvulo viaxa polas trompas de Falopio.
Alí pode ser fecundado por un espermatozoide.
O aparello reprodutor masculino ten funcións específicas. Os testículos, situados no escroto, producen espermatozoides e hormonas. Os espermatozoides pasan ao epidídimo, onde maduran. A través dos condutos deferentes, viaxan cara á vesícula seminal, que engade fluídos nutritivos ao seme. A próstata e as glándulas bulbouretrais achegan líquidos adicionais para protexer os espermatozoides. O seme é conducido pola uretra, situada no pene, órgano externo que facilita a excreción de ouriños e a reprodución. Este sistema está perfectamente sincronizado para cumprir coa súa función reprodutiva, garantindo que os espermatozoides cheguen ao sistema reprodutor feminino durante a fecundación.
O espermatozoide é a célula reprodutora masculina.
É microscópico e ten unha forma alongada con tres partes principais: a cabeza, que contén o material xenético (ADN) necesario para a fecundación; a parte media, que fornece enerxía; e a cola, que lle permite moverse. Prodúcese nos testículos e madura no epidídimo.
O aparello reprodutor masculino é o conxunto de órganos que permiten a reprodución nos homes.
As células reprodutivas masculinas chámanse espermatozoides.
As partes do aparello reprodutor masculino son:
Funcionamento do aparello reprodutor masculino
Os testículos producen espermatozoides.
Os espermatozoides maduran no epidídimo.
Unha vez maduros, viaxan polos condutos deferentes.
Pasan pola próstata, a vesícula seminal e a glándula bulbouretral que engaden fluídos para formar o seme.
O seme é conducido pola uretra ata o exterior.
Identifica na imaxe as partes que se sinalan.
.jpg)
Son dous condutos musculares que comunican os ovarios co útero.
É unha especie de bolsa muscular onde pode desenvolverse o novo ser se o óvulo é fecundado. A parede do útero cambia ao longo de cada mes para prepararse para un posible embarazo.
Son dous órganos redondeados encargados de producir os óvulos, que son as células reprodutoras femininas.
É o conduto que conecta o útero co exterior do corpo. É por onde se expulsa ao exterior o sangue menstrual e, no caso de embarazo, o lugar por onde sae o bebé.
Parte exterior do aparello reprodutor feminino. Encárgase de protexelo e previr enfermidades. Nela atópanse: o monte de Venus, o clítoris, os labios maiores, os labios menores e a saída da vaxina.
Parte exterior do aparello reprodutor feminino.
Parte exterior do aparello reprodutor feminino.
Parte exterior do aparello reprodutor feminino.
Parte exterior do aparello reprodutor feminino.
Identifica na imaxe o nome de cada parte do aparello reproductor masculino.

É unha glándula que produce un líquido chamado seme. Este líquido serve de alimento e axuda ao movemento dos espermatozoides.
Son uns tubos polos que circulan os espermatozoides dende os testículos ata a próstata.
É un órgano externo que ten forma cilíndrica e encárgase de transportar o seme fóra do corpo.
É un conduto que permite a saída dos espermatozoides sen que se mesturen coa urina.
Son dous pequenos órganos externos de forma redondeada que están cubertos por unha bolsa de pel chamada escroto. Sitúanse debaixo do pene e son os encargados de producir os espermatozoides.
É unha bolsa de pel que recobre os testículos.
É o lugar onde maduran os espermatozoides.
É unha glándula que produce un líquido chamado seme. Este líquido serve de alimento e axuda ao movemento dos espermatozoides.
É unha glándula que produce un líquido chamado seme. Este líquido serve de alimento e axuda ao movemento dos espermatozoides.
Chega o momento de demostrar que coñeces as partes que compoñen cada un dos aparellos reprodutores.
Realizarás, xunto ao teu equipo, e traballando cos padróns que existen como modelo, unha maqueta de cada aparello reprodutor en feltro.
Maqueta do aparello reprodutor feminino

Maqueta do aparello reprodutor masculino
A continuación, conectarás a maqueta coa placa "Tecla a Tecla" tal e como se describe nas seguintes imaxes:

1 placa "Tecla a tecla"
9 cables crocodilo
4 cables conectores
1 conector USB
Maqueta de feltro

Conecta 4 cables crocodilo como aparece na imaxe (arriba, abaixo, esquerda, dereita)

Conectamos os 4 cables conectores pola parte traseira da placa (W, A, S, D) e enganchamos 4 cables crocodilo no outro extremo de cada cable conector.

Conectamos os cables crocodilo na parte de atrás da maqueta de feltro, anotamos a relación entre a parte do aparello reprodutor e a conexión coa placa (arriba, abaixo, esquerda, dereita, W, A, S, D)

Para acabar conectamos o último cable crocodilo na toma de terra (EARTH) e o outro extremo será o que utilicemos para sinalar cada punto.
A maqueta do aparello reprodutor feminino móntase de igual xeito pero con outro número de cables, tanto conectores como crocodilos, xa que ten menos partes que o aparello reprodutor masculino.
A continuación, realiza a programación que che deixamos no seguinte botón.
Con toda a información que xa manexas empezarás a traballar no deseño do reto.
Teredes unhas instrucións para elaborar esta primeira parte do conto enrolable. Un membro do equipo realizará a portada, un segundo membro será a persoa encargada de facer a introdución, outra persoa realizará o modelo do aparello reprodutor feminino e, por último, outro membro encargarase do masculino.
A unión de todas esas partes será o primeiro capítulo do conto enrolable, unha vez se peguen no papel continuo que fai de soporte do conto.
Con esta información, comezarás a traballar no reto.
Instrucións para facer esta primeira parte do conto enrolable:
Estas partes uniranse para formar o primeiro capítulo do conto.
Pegaranse no papel continuo que servirá de soporte do conto enrolable.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0