Saltar navegación

2.1. Desmontando mitos

 

Glosario

Dinámica

Pictograma que representa o movemento dun lugar a outro.

Definición:

Relacionado co movemento.

Exemplo:

María é unha persoa moi dinámica, nunca para quieta.

Heteroxéneo

Pictograma que representa o símbolo de diferente.

Definición:

Que está formado por elementos moi diferentes.

Exemplo:

O mestre mandounos formar grupos heteroxéneos de estudantes con distintas habilidades.

Veracidade

Pictograma que representa o símbolo de que algo é certo.

Definición:

Correspondente a algo que é verdade.

Exemplo:

A xuíza debe comprobar a veracidade da testemuña.

Verdade ou mentira?

Imaxe dun boneco de madeira.

Na educación sexual, igual que acontece no conto de Pinocho, hai moitas cousas que non son verdade. Neste apartado irémolas desmontando unha a unha, para iso precisamos da túa axuda. 

  • Que cousas sabes sobre a educación sexual?
  • Que che contaron deste tema?
  • Que cousas descubriches ti?
  • Pensas que todo o que se di é verdade?

A continuación, realizarás unha actividade en grupo seguindo a técnica 1-2-4.

Como se realiza a técnica 1-2-4?

⇨ O teu mestre ou a túa mestra organizaravos en grupos heteroxéneos e faredes unha chuvia de ideas en relación ás preguntas anteriores.

⇨ Individualmente, cada un/ha de vós, tentará dar resposta a algunha delas.

⇨ Despois diso, poñerás en común as ideas coa parella que teñas ao teu carón dentro do equipo, dando a vosa opinión sobre a veracidade da idea do voso compañeiro ou compañeira.

⇨ A continuación, repetirás a posta en común pero coa túa parella de en fronte.

⇨ Finalmente, elixirase a un alumno ou a unha alumna de cada grupo como portavoz para que expoña as ideas xurdidas nos diferentes equipos.

Desmentindo mitos

Seguro que algunha vez escoitaches algún dos seguintes mitos pero, parácheste a pensar se son todos verdade? A continuación imos descubrilo facendo unha actividade moi dinámica.

O teu mestre ou mestra lerá en voz alta cada un dos mitos e terás que moverte segundo consideres ese mito verdade ou mentira. Así pois, unha parede da aula será o lado no que te deberás situar para cando cres que é verdade, e o outro, para cando pensas que é mentira.

Lectura facilitada

Seguro que algunha vez escoitaches algún destes mitos,
pero, son todos verdade?
Comproba facendo esta actividade.

O mestre ou mestra lerá cada mito en voz alta.
Móvete cara ao lado da aula que indique se cres que é verdade ou mentira.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)