Glosario
Anónimo
-
Definición:
-
Texto escrito de autor descoñecido.
-
Exemplo:
-
O libro de Frankenstein ou o moderno prometeo foi nun principio de autor anónimo. A súa autora, Mary Shelley, escribiu nunha época na que as mulleres tiñan moi difícil que a súa autoría fose recoñecida.
Boneco
-
Definición:
-
Xoguete con forma de neno ou nena que, en ocasións, pode levar pilas para reproducir algún son ou movemento.
-
Exemplo:
-
Os nenos xogan a darlle de comer aos bonecos.
Engurra

-
Definición:
-
Dobrar de forma irregular un obxecto flexible coma un papel ou unha tea.
-
Exemplo:
-
Xoán engurrou a camisa ao estar deitado no sofá.
