Nesta fase aprenderás a chamarlle a cada cousa polo seu nome. Terás que traballar con información escrita, en vídeo e en audio, e elaborarás produtos interesantes que terán unha repercusión social relevante. Ponlle empeño, é unha ardua tarefa que non te deixará indiferente.
Lectura facilitada
Nesta fase coñecerás a reprodución e aprenderás os nomes correctos dos órganos e células implicadas.
Traballarás con textos, vídeos e audios.
Farás produtos interesantes que terán importancia para a sociedade.
Ponlle empeño, é unha tarefa importante e sorprendente.