Saltar navegación

1.2. Un reto... de verdade

 

Glosario

Enrolable

Pictograma dunhas mans dándolle voltas a un obxecto sobre si mesmo.

Definición:

Que ten a capacidade de dar voltas a un obxecto sobre si mesmo ou sobre outro elemento.

Exemplo:

Diego enrola as placas dos canelóns coa carne picada.

Feltro

Pictograma que representa diferentes feltros de cores.

Definición:

Material feito de la ou pelo prensado semellante a unha tea.

Exemplo:

Un boneco de feltro.

Folleto informativo

Pictograma dun punto de información.

Definición:

Folio dobrado varias veces que serve para presentar información ou publicidade sobre unha temática.

Exemplo:

No museo déronnos un folleto informativo sobre as diferentes obras artísticas que tiñan expostas.

Precursor

Pictograma que representa unha persoa cunha idea.

Definición:

Persoa ou elemento que contribúe con ideas novas que serán modificadas ou melloradas co paso do tempo.

Exemplo:

O ordenador foi o precursor da tableta.

Un reto sen mentiras. Un libro enrolable con toda a verdade

O reto desta situación de aprendizaxe será crear un libro enrolable no que apareza toda a información real sobre a reprodución humana, dende os aparellos feminino e masculino ata o ciclo menstrual, fecundación, embarazo e parto. Iso si, sen mentiras. Toda a verdade sobre como empeza a vida. Para iso dividiremos o reto en pequenas partes, ou desafíos.

Imaxe de dúas maquetas sobre os aparellos reprodutores: feminino e masculino.

Desafío 1
Maqueta interactiva

Pictograma dunha persoa realizando unha manualidade.

Desafío 2
Lapbook

Imaxe dun papel informativo que está pregado en varias partes.

Desafío 3
Folleto

Desafío 1: unha vez traballada a información sobre os aparatos reprodutores feminino e masculino, elaborarás xunto o teu equipo e apoiados nuns patróns, os aparatos en feltro. Formarás con eles unha maqueta interactiva.

Desafío 2: elaborarás un lapbook con toda a información sobre a fecundación, embarazo e parto, e sobre o ciclo menstrual, para apoiar a vosa exposición oral.

Desafío 3: crearás, tamén en equipo, un folleto informativo sobre os cambios, enfermidades e coidados que necesita o teu corpo nesta etapa. Distribuiredes este material elaborado por vós na farmacia e no teu centro de saúde.

Lectura facilitada

O reto desta actividade será facer un libro enrolable.
Neste libro aparecerá información real sobre a reprodución humana:

  • os aparatos feminino e masculino,
  • o ciclo menstrual,
  • a fecundación,
  • o embarazo
  • e o parto.

No libro non haberá mentiras. Só a verdade sobre como comeza a vida.

O reto ten tres desafíos
que realizarás en equipo:

  • Desafío 1: Maqueta interactiva.
  • Desafío 2: Lapbook (libro con pestanas e apartados).
  • Desafío 3: Folleto.

Un libro enrolable como precursor do e-book e a galega que o fixo posible

Ángela Ruiz Robles                Ángela Ruiz Robles 

Ángela Ruiz Robles foi unha mestra galega que desempeñou o seu labor docente en Ferrol. É aquí onde inventa o que ela denomina "a enciclopedia mecánica", un invento considerado como o precursor do libro electrónico que foi creado varias décadas despois.

O que ti realizarás neste reto non é exactamente igual ao que viches no vídeo pero si estará baseado nas ideas de dona Angelita.

Lectura facilitada

Ángela Ruiz Robles foi unha mestra galega que traballou en Ferrol.

Ela inventou a “enciclopedia mecánica”, un antecesor do libro electrónico.

O que farás neste reto está baseado nas ideas de dona Angelita.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)