4. Canto contas cando cantas

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Glissando

Glissando
Definición:

Efecto sonoro que consiste en ir dun son a outro de diferente altura pasando rapidamente polos sons de altura intermedia.

Exemplo:

O son resultante de deslizar rapidamente unha culler metálica sobre unha sucesión de vasos de vidro con diferentes cantidades de auga ordenados de maior a menor.

Intérprete

Intérprete
Definición:

Persoa que interpreta, é dicir que executa con propósito artístico.

Exemplo:

Exemplo: A persoa que fai deslizar unha culler metálica sobre unha sucesión de vasos de vidro con diferentes cantidades de auga ordenados de maior a menor.

Locutor

Locutor
Definición:

Persoa que le en voz alta e clara un guión previamente escrito.

Exemplo:

Exemplo: A persoa encargada de ler ou locutar un fragmento ou a todalidade do conto A gaiteira de Lindín.

Sonorizamos o conto: A gaiteira de Lindín

Ocultar

Escaleta

Chegou o momento de aproveitar todos os recursos traballados durante esta situación de aprendizaxe para sonorizar o conto.

Despois de ter traballado tódolos elementos desta situación de aprendizaxe, para sonorizar o conto A gaiteira de Lindín propoñémosvos seguir os seguintes pasos:

  1. Elaborar un guión técnico no que se recollan os diferentes elementos sonoros indicando o momento no que se deben producir. Para elo podes axudarte do modelo de escaleta que se achega nesta páxina.
  2. Elixir o lugar da representación: aula, salón de actos, patio...
    Preparar unha posta en escena.
  3. Ensaiar e modificar aqueles aspectos que son susceptibles de mellora.
    Convocar ao público.
  4. Representar o conto de acordo á escaleta.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Chegou o momento de sonorizar o conto.

Para iso, segue estes pasos:

  • Elaborar un guión técnico seguindo o modelo de escaleta que se achega nesta páxina.
  • Elixir o lugar da representación: aula, salón de actos, patio...
  • Preparar unha posta en escena.
  • Ensaiar e modificar aqueles aspectos que son susceptibles de mellora.
  • Convocar ao público.
  • Representar o conto de acordo á escaleta.