Glosario
Cabasa
-
Definición:
-
Unha cabasa é un instrumento de percusión que precisa ser axitado para facelo soar. Nas súas orixes realizábanse con cabazas, de aí sae o seu nome. Hoxe en día están construídas cunha estrutura de madeira e bolas metálicas.
-
Exemplo:
-
A cabasa é un instrumento de percusión de orixe africana.
Castañolas
-
Definición:
-
As castañolas pertencen ao grupo de instrumentos de percusión (idiófono) de madeira. Compóñense de dúas pezas de madeira unidas que se tocan batendo repetidamente as dúas pezas.
Este instrumento é moi antigo. Cos anos foise incorporando aos instrumentos típicos de moitas culturas do mundo como España, un dos países que as conserva como instrumento nacional.
-
Exemplo:
-
As castañolas frecuentemente acompañan os bailes tradicionais.
Efecto sonoro
-
Definición:
-
Audio ou son de orixe diversa que se emprega con finalidade artística en diversas producións.
-
Exemplo:
-
O son producido polo roce, a xeito de glissando, dunha culler metálica sobre media ducia de vasos de vidro con diferentes cantidades de auga ordenados de maior cantidade a menor.
Idiófonos
-
Definición:
-
Nome que se emprega para clasificar os instrumentos que producen o son pola vibración do seu propio corpo. Algúns exemplos son as claves ou o triángulo.
-
Exemplo:
-
Os idiofónos xunto cos membranófonos forman a familia de percusión.
Tarrañolas
-
Definición:
-
Instrumento de percusión (idiófono) formado por dúas taboíñas de madeira que se tocan cunha soa man, separadas polo dedo corazón e que se axitan para facelas soar batendo unha contra a outra.
Este instrumento é típico na música tradicional galega.
-
Exemplo:
-
O son das tarrañolas é diferente segundo a dureza da madeira coa que estean feitas.
