Saltar navegación

4.1. Agora conta ti

Uso básico de Libre Office Writer

Se estás a empregar un equipo con maqueta Abalar, o procesador de textos Writer da suite Libre Office xa está instalado e preparado para o seu uso. Neste caso, unicamente tes que ir ao botón "Aplicacións" e abrir o programa na sección "Ofimática".

De estar empregando un equipo que non conta coa ferramenta Writer instalada, podes descargala neste enlace. Escolle a versión máis actualizada, o paquete de idioma que máis che conveña e o sistema operativo do teu ordenador. Procede á descarga e sigue as indicacións que van aparecendo nas sucesivas xanelas.

Abrir un ficheiro

Polo xeral, nada máis abrir o programa xa nos aparece un documento en branco, pero se queremos crear outro seguimos esta ruta:

Ficheiro>>Novo>>Documento de texto

Ficheiro>>Novo>>Documento de texto



Gardar un documento

Para non perder nada do que vaiamos facendo, debemos gardar o ficheiro seguindo estes pasos:

Ficheiro>>Gardar como...

Ficheiro>>Gardar como...



Na ventá emerxente que nos aparece seleccionamos o cartafol no cal queremos gardar o noso documento. No cadro "Nome do ficheiro" tecleamos o título que queremos poñerlle. Finalmente picamos no botón "Gardar".

Tipo de letra

Seleccionamos o tipo de letra que queremos empregar:

Formato>>Caracter

Formato Caracter



Aparece unha xanela emerxente cun listado de tipos de letra. Ao ir picando no nome de cada tipo podemos ver un exemplo na mesma xanela. Escollemos o que máis se adapte ás nosas preferencias e prememos no botón "Aceptar".

Título

Tecleamos o título do texto.

Colocámonos co rato sobre a cuadrícula de escritura e tecleamos o nome do traballo.

Seleccionamos co rato o texto escrito. Podemos editalo empregando ferramentas como a Grosa, Cursiva e incluso cambiando o seu tamaño. Estas ferramentas e outras moitas atopámolas no menú Formato>>Texto.

Podemos experimentar con outras ferramentas de edición seguindo a ruta Formato>>Parágrafo..., ao activala, aparece unha ventá emerxente con múltiples opcións para aplicar.

Corpo

Redactamos o traballo.

Para conseguir unha presentación de maior calidade podemos experimentar coas ferramentas de edición de texto xa citadas ou incluso experimentar con outras que Writer nos ofrece. Se o precisas podes consultar online guías de uso desta ferramenta, como por exemplo esta.

Gardar

Cada certo tempo gardamos os avances realizados (Ficheiro>>Gardar) e realizamos esta acción sempre antes de pechar o documento.

Ficheiro Gardar



Neste videotitorial explícanse as funcións máis básicas de uso do programa Writer:



Lectura facilitada

  • Se estás a empregar un equipo con maqueta Abalar tes que ir ao botón "Aplicacións" e abrir o programa na sección "Ofimática".
  • De estar empregando un equipo que non conta coa ferramenta Writer instalada, podes descargala no enlace. 

Segue os pasos que che indican e mira o videotitorial onde se explican as funcións máis básicas de uso do programa Writer:

Actividade de redacción

Realiza un traballo de texto empregando o programa Writer da suite Libre Office seguindo as indicacións técnicas que aparecen arriba.

Temáticas:

  • Familias de instrumentos.
  • Agrupacións instrumentais.
  • Voces.

Tamén podes facer unha combinación de dous ou tres das temáticas propostas.

Ten en conta:

  • Organización de ideas.
  • Riqueza léxica e corrección lingüística.
  • Estética.
  • Rigor científico.
  • Axuste á temática ou temáticas elixidas.
  • Créditos (citas, dereitos de autoría etc).

Unha vez rematado, garda o arquivo e entrégao seguindo as condicións que indique a túa mestra ou o teu mestre.

Lectura facilitada

Realiza un traballo de texto empregando o programa Writer da suite Libre Office.

Temáticas:

  • Familias de instrumentos.
  • Agrupacións instrumentais.
  • Voces.
  • Tamén podes facer unha combinación de dous ou tres das temáticas propostas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)