Que é o diario de aprendizaxe?
Que é o diario de aprendizaxe?
O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Lectura facilitada
Un diario de aprendizaxe serve para recoller as experiencias do alumnado durante a aprendizaxe, tanto dentro coma fóra da aula.
O diario de aprendizaxe persegue o desenvolvemento da autonomía do alumnado e a capacidade de reflexión para aprender a aprender.
Non conta para a nota.
Grazas ao diario de aprendizaxe, o profesorado pode saber como se sente o alumnado durante a aprendizaxe.
Como traballamos co diario de aprendizaxe?
Como traballamos co diario de aprendizaxe?
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo. Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.