Saltar navegación

2.2. Elementos sonoros

Elementos sonoros

Manualidades

Xa coñeces o conto "A gaiteira de Lindín" e os seus personaxes. Agora é o momento de escoller que elementos sonoros queres empregar para a sonorización do noso conto. Tómate un tempo para pensar como queres que soe e que elementos vas empregar.

Xa o sabes?

Ao mellor non tiveches tempo suficiente para pensar ou non tes claro como facelo. Por iso, a continuación tes varias propostas que poden serche de utilidade. Tamén podes pedir axuda ás compañeiras e compañeiros, se o precisas.

Lectura facilitada

Agora que xa coñeces o conto "A gaiteira de Lindín" e os seus personaxes,

tes que escoller os elementos sonoros que queres empregar para a sonorización do conto.

A continuación tes varias propostas que poden serche de utilidade.

Proposta 1: chas-chas

Chas-chas

Esta primeira proposta é un chas-chas. Leva este nome polo son que se produce ao bater as dúas chapas metálicas que van pegadas aos extremos dunha tira de goma EVA. Para facelo soar, collerémolo dunha forma similar ás castañolas, un instrumento de percusión típico na Península Ibérica.

A continuación podes ver un titorial en vídeo do proceso de elaboración do chas-chas e unha guía en PDF que podes descargar e que seguro che axudará se decides escoller esta opción.

Portada do PDF Construímos un chas-chas

Lectura facilitada

Esta primeira proposta é un chas-chas.

Para facelo soar, collerémolo dunha forma similar ás castañolas.

No vídeo titorial podes ver o proceso de elaboración do Chas-chas

e podes descargar unha guía en PDF que che axudará se decides escolles esta opción.

Proposta 2: tarrañola

Tarrañola

As tarrañolas son un instrumento de percusión típico da música tradicional galega. Este elemento chamouse así porque o son que produce é moi parecido ao instrumento real.

Para realizalo vas precisar media noz, un anaco de fío e un pau dun xeado.

Seguro que este vídeo pode axudarche na elaboración. Tamén podes descargar a guía, se che resulta máis doado.

Portada do PDF Construímos unha tarrañola

Lectura facilitada

As tarrañolas son un instrumento de percusión típico da música tradicional galega. 

Para realizalo vas precisar media noz, un anaco de fío e un pau dun xeado.

Este vídeo pode axudarche na elaboración.

Tamén podes descargar a guía, para seguir os pasos.

Proposta 3: cabasa



Cabasa

Nesta terceira opción podes elaborar unha cabasa, un instrumento de orixe africano da familia da percusión, que rapidamente se trasladou ao Brasil.

Este elemento sonoro pódese facer cunha botella, fío e doas que baten entre elas e coa propia botella. Emite un son moi parecido ao do instrumento real.

Mira o vídeo e descarga a guía se decides elaboralo.

Portada do PDF Construímos unha cabasa

Lectura facilitada

Nesta terceira opción podes elaborar unha cabasa, un instrumento de orixe africano da familia da percusión.

Farémola cunha botella, fío e doas que baten entre si e coa propia botella. 

Mira o vídeo e descarga a guía se decides elaboralo.

Sube o son que produce o teu elemento sonoro



Aquí podes gravar o son que produce o teu elemento sonoro.

Le atentamente as instrucións antes de facelo:

1. Preme o botón de gravar.

2. Cando comece o contador di o teu nome e apelidos.

3. Deseguido di o nome do teu elemento sonoro e en que parte do conto se vai empregar.

4. Opcional: podes facer unha breve explicación do elemento e o porqué de empregalo nesa parte.

5. Interpreta o efecto sonoro co elemento.

6. Pulsa no botón de pausa. 

Podes gravarte as veces que o precises (preme no botón reintentar) e cando creas que o audio está listo para enviar, preme no botón rematar.

Lectura facilitada

Grava aquí o son que produce o teu elemento sonoro.

Segue estes pasos:

1. Preme o botón de gravar.

2. Cando comece o contador di o teu nome e apelidos.

3. Deseguido di o nome do teu elemento sonoro e en que parte do conto se vai empregar.

4. Opcional: podes facer unha breve explicación do elemento e o porqué de empregalo nesa parte.

5. Interpreta o efecto sonoro co elemento.

6. Pulsa no botón de pausa. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)