3.4. Bailes da Península Ibérica

Mapa: Danzas e bailes da Península Ibérica

Ocultar

2

Pulsa sobre as áreas ou iconas activas da imaxe.

MUIÑEIRA

É unha danza popular galega con ritmos en 6/8, que se canta e se baila acompañada, normalmente, por grupos de música tradicional formados por gaitas, tambores, pandeiretas e bombos. 

O seu nome recóllese das danzas que se facían nos muíños mentres se agardaba a que se moera o gran. 

"JOTA" MONTAÑESA

A xota é un baile moi estendido por moitas comunidades autónomas de España aínda que en cada unha amosan características propias.

En Cantabria existen varios tipos de xotas e entre elas a "Jota Montañesa" que se baila en parellas. É un baile festivo para as romarías e acompáñase con instrumentos como as castañolas, gaitas, pitos e tambores. 



"JOTA" ARAGONESA

Probablemente a xota de Aragón sexa a máis popular da península. Esta caracterízase polo uso de punteados de punta e tacón unidos a pequenos saltos. Os movementos compleméntanse cos brazos altos e un pouco arqueados e na súa maioría tocando as castañolas mentres bailan.

Estes bailes son acompañados, polo xeral, de rondallas formadas por guitarras, laúdes e bandurrias.

SARDANA

Danza tradicional e nacional de Cataluña. 

Bailase en grupos de persoas collidas das mans e alzadas formando un corro. Dan pasiños moi pequenos e moi rítmicos mentres outras persoas se van unindo facendo cada vez o círculo máis grande. 

Este baile soe ir acompañado dunha cobla, que é un grupo tradicional de música formada por instrumentos de vento pouco habituais, case na súa totalidade, cun son moi especial.

CHOTIS

O nome deste baile deriva de Schottich que significa escocés xa que ten as súas orixes en Escocia. 

En Madrid é un baile que se fai en parellas cara a cara onde a muller baila ao redor do home que xira no seu propio eixo.

Báilase co traxe tradicional chulapo.

FLAMENCO

O flamenco é unha arte con orixe en Andalucía que une varios elementos: o baile, o canto e a guitarra.

Bailaoras e bailaores interpretan as pezas con movementos de brazos e corpo coordinados con zapateados.

O flamenco non é un baile especificamente, senón que dá nome a un conxunto formado por: bulerías, tangos, sevillanas, entre outros.

FANDANGO

O fandango portugués é coñecido como Ribatejo un baile en parellas que foi evolucionando.

É un baile tradicional portugués no que os bailadores manteñen a cabeza erguida e o corpo firme. Os homes suxeitan o chaleco coas mans mentres dan puntadas co pé e móvense de lado a lado.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Cuestionario: Danzas e bailes da Península Ibérica

Ocultar

Selecciona a resposta correcta.

2
012345
O navegador non é compatible con esta ferramenta.