1.2. Sonorizamos o conto!

Que pasos seguiremos para acadar o reto?

Ocultar

Para acadar o reto que che propoñemos terás que seguir os seguintes pasos. Ao longo da situación de aprendizaxe terás información e actividades que che axudarán a conseguilo. 



Paso 1

Le o conto

Paso 2

Identifica/busca personaxes e situacións sonorizables e sons que os poidan acompañar.

Paso 3

Busca/constrúe elementos sonoros.

Paso 4

Compón/elabora as células rítmicas/melódicas para cada momento sonoro.

Paso 5

Reparte funcións e comeza os ensaios.

Paso 6

Desfruta da posta en escena!

Canción A gaiteira de Lindín

Ocultar

Aquí tes a partitura da canción A gaiteira de Lindín que entoaremos para axudar a Tareixiña.

Descargar partitura

A gaiteira de Lindín (partitura con letra)