Creamos a nosa propia composición musical
Esta é unha actividade para facer en equipo.
Teredes que aplicar os vosos coñecementos musicais para crear a vosa propia composición musical. Para iso utilizaremos un editor de partituras: Musescore.
En primeiro lugar tes que ter instalado no teu dispositivo o programa.
- Se contas cun equipo con maqueta Abalar, o Musescore xa está instalado. Podedes ir ao botón "Aplicacións" e abrir o programa na sección "Son e vídeo".
- Se estás a empregar un equipo que non conta co programa podedes descargalo neste enlace.
Unha vez aberto o programa seguide os seguintes pasos e poderedes crear as vosas propias composicións.
Paso 1
Na primeira pantalla preme en:
Inicio>>Partituras>>Nova partitura
Paso 2
Escolle os instrumentos musicais para os que ides facer a composición.
Comezaremos a facelo cos instrumentos que temos na aula de música. Para iso, na columna da esquerda escolle: Family>>Aula.
Na opción "Percusión - Altura definida" poderás escoller os instrumentos PAD e na opción "Percusión - Altura indefinida", os instrumentos PAI.
Selecciónaos e pásaos á columna "Your score" ("A túa partitura") dándolle á frecha.
Cando teñas tódolos instrumentos escollidos pulsa na marxe inferior dereita "Seguinte".
Paso 3
Na seguinte pantalla poderás escoller:
- Armadura.
- Tipo de Compás.
- Tempo.
- Número de compases.
- Título.
- Compositor ou compositora.
- ...
Unha vez escollido pulsa na marxe inferior dereita "Feito".
(Tamén poderás modificar todos estes puntos unha vez que comecedes a editar a vosa partitura.)
Paso 4
Xa tedes a configuración feita para comezar a compoñer!
Na marxe superior esquerda hai un lapis. Preme nel, escolle a figura que precisas e colócaa no seu lugar no pentagrama.
En calquera momento poderás escoitar a vosa composición premendo nos botóns de reprodución da marxe superior dereita.
Probade opcións, investigade as posibilidades do programa, e se queredes aprender máis sobre el e aclarar dúbidas que vos xurdan, recorrede ao Manual de uso Musescore.