Saltar navegación

Diario de Aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Diario de aprendizaxe

O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.

Como traballamos co diario de aprendizaxe?

Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo. Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.

Á hora de traballar co diario, terás que descargar o arquivo editable e ir gardándoo a medida que o vaias editando.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)