3.6 Mulleres importantes na danza

Na historia da danza, hai mulleres que xogaron un papel moi importante e mesmo sentaron as bases da danza moderna grazas á súa creatividade, á posta en escena revolucionaria e ao seu estilo de vida que rompeu co que viña de antes.

Entre os seus nomes podemos citar a sete pioneiras: Isadora Duncan, Loïe Fuller, Joséphine Baker, Tórtola Valencia, Marta Graham e Doris Humphrey.

Podes buscar información sobre estas e outras mulleres destacadas na danza e elaborar un cartel informativo sobre cada unha delas para expor o día do reto final aproveitando que se conmemora o Día da Muller.