1. Regreso ao pasado

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Branle

Persoas danzando un branle

Definición:

Baile tradicional francés con orixe no século XVI. É moi alegre e ten diferentes pasos e movementos. Pode ser bailado en círculo ou en liña.

Exemplo:

Bailaremos un branle tomando como base o Rondel VI de Tielman Susato.

Danza

Ensaio dunha danza

Definición:

Forma de arte onde as persoas expresan sentimentos e emocións a través do movemento do corpo ao ritmo da música. Pode haber moitos tipos de danza, como bailes tradicionais ou bailes modernos. É unha maneira divertida de compartir emocións e celebrar xuntos.

Exemplo:

O branle e o minueto son danzas de orixe francés.

Devanceiro/a

Devanceiros

Definición:

Persoas da mesma familia que viviron nun tempo anterior.

Exemplo:

O teu bisavó é un dos teus devanceiros.

Forte

Letra F en cursiva e palabra forte

Definición:

Termo musical que indica que a execución debe ser máis forte, destacando na intensidade sonora da peza musical. A súa abreviatura é f.

Exemplo:

A orquestra interpretou a parte a da partitura cunha intensidade forte.

Fortissimo

Dous efes en cursiva coa palabra fortissimo

Definición:

Termo musical que indica que a execución debe ser máis intensa que forte, destacando especialmente na potencia sonora da peza musical. A súa abreviatura é ff.

Exemplo:

Debes tocar os primeiros catro compases forte e os seguintes catro fortissimo.

Minueto

Persoas bailando un minueto

Definición:

Elegante baile de salón que se desenvolveu en Francia no século XVII. Ten un ritmo moderado e estrutúrase en tres tempos. Inicialmente, era bailado en parella con movementos graciosos e refinados.

Exemplo:

O minueto é unha danza que ten a súa orixe en Francia no século XVII.

Piano

Letra p en cursiva e palabra piano

Definición:

Termo musical que indica que a execución debe ser máis suave e delicada, contribuíndo á mellor comprensión e expresividade da peza musical. A súa abreviatura é p.

Exemplo:

Se quero tocar unha peza co xilófono e que soe piano debo percutir moi suave.

Pianissimo

Letras pp en cursiva e palabra pianissimo

Definición:

Termo musical que indica que a execución debe ser silenciosa e delicada, contribuíndo á expresividade e ao carácter da peza musical. A súa abreviatura é pp.

Exemplo:

Para interpretar un pasaxe musical con intensidade pianissimo debe soar aínda máis débil que se é piano.

Século

Século

Definición:

Período de cen anos.

Exemplo:

O branle é unha danza que ten orixe no século XVI.

Maruxa e Brais

Ocultar

Maruxa e BraisNunha pequena vila vivían dous irmáns chamados Maruxa e Brais. Levaban uns días ilusionados preparando unha festa que ían celebrar coas súas amizades. Nese pobo quedaban unhas ruínas dun antigo pazo que pertencera aos seus devanceiros.

Un día, mentres exploraban o faiado da súa casa na procura de material para a festa, atoparon un misterioso reloxo de peto que parecía ser un vello tesouro familiar. Ao abrilo, comezou a brillar intensamente e, de súpeto, houbo un forte zunido no aire. Maruxa e Brais víronse transportados no tempo, chegando ao século XVII e metidos en todo o esplendor do Pazo de Montetovar. Quedaron sen palabras cando viron a maxestade do lugar.

Ao fisgar polo pazo, descubriron que nuns días habería nel unha gran festa coa mocidade da localidade. Entón, foron buscar música para a festa e atopáronse cos seus avós. Faláronlles dos dous bailes tradicionais da época que máis gustaban no lugar: o branle e o minueto.

Queredes saber como continúa a historia de Maruxa e Brais?

Gustaríache formar parte deste evento?

Animaríaste a participar nesta festa?

Na nosa aula imos preparar tamén unha festa e bailaremos un branle e un minueto.

Aceptas o reto?

Lectura facilitada

Cerrar (Lectura facilitada)

Nunha pequena vila vivían dous irmáns, Maruxa e Brais.

A súa casa estaba preto das ruínas dun vello pazo que pertencera aos seus devanceiros.

Maruxa e Brais emocionados preparando unha festa.

Un día, atoparon un vello reloxo de peto no faiado e, ao abrilo, foron transportados no tempo ao século XVII (17), ao Pazo de Montetovar.

Souberon que habería unha festa e decidiron axudar aos seus devanceiros a organizala.

Aprenderon moito sobre os bailes tradicionais, o branle e o minueto, coa axuda dos criados e criadas, para que a festa fose todo un éxito.

Ocultar

BadoAgora vós

Agora vós

Nenos bailando o branle

Podes axudar a preparar a celebración desa festa como fixeron Maruxa e Brais. Para iso deberás participar na organización dun evento similar.

Anímaste a participar neste reto?

Imos!

Ocultar

LuzadaQue vou aprender nesta viaxe a outras épocas?

Que vou aprender nesta viaxe a outras épocas?

Evento finalNesta viaxe apaixonante por outras épocas pasadas, aprenderás:

  • Branle e minueto: bailarás dúas coreografías.
  • Músicas devanceiras: interpretarás coa frauta pezas fáciles de danzas antigas dos séculos XVI e XVII.
  • Linguaxe musical: aprenderás e practicarás linguaxe musical:
    • Ligadura de unión.
    • Matices (ff, f, p, pp).
    • Dinámicas (cresc., dim.).
    • Tempo (lento, andante, allegro; Acell., Rit.).
    • Signos de articulación (picado, ligado).
    • Crear unha melodía:
      • Compases: 2/4, 3/4  4/4.
      • Notas: dó, re, mi, sol, la e dó agudo.
      • Figuras: redonda, branca e negra (silencios e puntiño), dobre corchea e 4 semicorcheas.
  • Participación nun evento: Participarás nun evento para celebrar o Día da Muller.

Ocultar

ChedaLogo da festa...

Logo da festa...

Maruxa e Brais

Serás quen de:

  • Bailar: comunicarás a través do corpo.
  • Crear: expresarás de maneira artística novas ideas amosando a túa creatividade.
  • Socializar: traballarás en equipo.
  • Coñecer feitos culturais e históricos: descubrirás tradicións e expresións artísticas de diferentes países e épocas.