Glosario
Allegro

Definición:
Termo musical que se utiliza para indicar que unha peza musical debe ser interpretada de maneira rápida e animada. É como se a música estivese “correndo”. Podemos dicir que a música é "alegre" ou "viva".
Exemplo:
O tempo Allegro é máis rápido que o andante e o adaxio e máis lento que o vivace.
Andante

Definición:
Termo musical que se utiliza para indicar que unha peza musical debe ser interpretada de maneira tranquila e pausada, pero cun ritmo constante. É como se a música estivese “camiñando”.
Exemplo:
Despois de interpretar o paisaxe en tempo Allegro, a orquestra repetiuno en Andante, é dicir, máis lento.
Compás de 2/4
Definición:
Dura dous pulsos dos que se acentúa o primeiro deles. En cada pulso entra unha negra.
Exemplo:
O Rondel VI de Tielman Susato está composto en compás de dous por catro (2/4).
Compás de 3/4
Definición:
Dura tres pulsos dos que se acentúa o primeiro deles. En cada pulso entra unha negra.
Exemplo:
O Minueto de J. S. Bach que imos interpretar está composto en compás de tres por catro (3/4).
Johann Sebastian Bach

Definición:
Músico alemán do século XVII. Compositor, instrumentista, director de orquestra, mestre de capela, cantor e autor dun extenso catálogo de obras musicais.
Exemplo:
Johann Sebastian Bach compuxo cantatas, fugas e concertos.
Lento

Definición:
Termo musical que se utiliza para indicar que unha peza musical debe ser interpretada de maneira lenta e solemne. É como se a música estivese “fluíndo” con calma.
Exemplo:
Cando unha peza se interpreta entre 40 e 60 pulsos por minuto, dicimos que é un Lento.
Tielman Susato
Definción:
Compositor, instrumentista e editor de música do século XVI especializado en música para danzas.
Exemplo:
O Rodel VI que imos interpretar é obra de Tielman Susato.
