O branle Rondel VI é unha peza de música renacentista composta por Tielman Susato.
É unha das pezas incluídas na súa obra Danserye.
A obra Danserye contén 60 danzas e foi publicada en 1551.
O branle Rondel VI é unha peza alegre e animada que se pode bailar en roda ou en parella.
Exemplo:
Interpretaremos coa frauta o Rondel VI de Tielman Susato
Comeza a festa!
Finalmente, chegou o día da festa no Pazo de Montetovar. A música fluiu co ritmo de Maruxa e Brais, que realizaban os bailes tradicionais coa precisión dunha interpretación musical, picando os pasos necesarios e ligando os movementos para ofrecer un espectáculo magnífico.
Despois da celebración, os irmáns usaron de novo o reloxo máxico para retornar ao seu tempo. Reflexionaron sobre como, así como a música unía cada elemento da festa, tamén ligaba o pasado co presente e convidaba ás xeracións futuras a seguir bailando ao ritmo da historia da súa familia.
Chegado o día da festa, cando caeu a noite, o pazo encheuse de convidados e convidadas vestidos con elegantes traxes de época. A música comezou a soar e Maruxa e Brais tomaron o protagonismo na pista de baile. Con graza e entusiasmo amosaron os pasos que aprenderan.
O branle e o minueto gustaron moito a todos os presentes. Toda a mocidade convidada sumouse ao baile, rindo e gozando da contaxiosa alegría que irradiaban Maruxa e Brais. A festa foi un éxito rotundo no pazo e os irmáns recibiron o recoñecemento e agradecemento de todos os presentes.
Lectura facilitada
Chegado o día da festa, cando caeu a noite, o pazo encheuse de convidados e convidadas vestidos con elegantes traxes de época.
A música comezou a soar e Maruxa e Brais tomaron o protagonismo na pista de baile.
Con graza e entusiasmo amosaron os pasos que aprenderan.
O branle e o minueto gustaron moito a todos os presentes.
Toda a mocidade convidada sumouse ao baile rindo e gozando da contaxiosa alegría que irradiaban Maruxa e Brais.
A festa foi un éxito total no pazo.
Os irmáns recibiron o recoñecemento e agradecemento de todas as persoas.
Audio
Ensaio Xeral
Xa estamos chegando ao final da nosa emocionante historia. Imos repasar as dúas danzas nun ensaio xeral para conseguir acadar o reto.
Branle
Minueto
Agora, vós
Cadrando coa celebración do Día da Muller, participa no teu centro nunha festa coma a que organizaron Maruxa e Brais no pazo, amosando o que aprendiches do Branle e do Minueto.
Podes aproveitar para expor nesa data os carteis que elaborastes sobre as mulleres destacadas na historia da danza.