Que se coce na cociña?

Intrigadas pola música que se escoitaba dende o salón principal, as cociñeiras achegáronse e con voz suave dixeron:
— "Nós coñecemos os pasos do branle, queredes aprender a bailar esta danza?"
Maruxa e Brais asentiron con emoción!
As cociñeiras comezaron a moverse con elegancia e gracia, mostrando os pasos do baile. Levantaron os brazos dando voltas e saltando ao ritmo da alegre música que encheu o pazo.
Lectura facilitada
Intrigadas pola música que se escoitaba dende o salón principal, as cociñeiras achegáronse e con voz suave dixeron:
"Coñecemos os pasos do branle, queredes aprender a bailar esta danza?".
Maruxa e Brais asentiron con emoción.
As cociñeiras comezaron a moverse con elegancia e gracia, mostrando os pasos do baile. Levantaron os brazos dando voltas e saltando ao ritmo da alegre música que encheu o pazo.
Maruxa e Brais observábanas con atención intentando imitar os seus movementos. As cociñeiras, pacientes e sorrintes, guiaron cada paso e cada volta, enchendo o aire de risas e alegría.
Pouco a pouco, os irmáns comezaron a sentir o ritmo e a maxia do branle. Os seus pés movíanse ao ritmo da música, mentres as cociñeiras os animaban e aplaudían con entusiasmo.