Como o fixeches?

Cubre a rúbrica do Evento da Danza que tes no teu diario de aprendizaxe e despois facemos unha posta en común respondendo as seguintes cuestións:
- Como valoras o teu papel na organización da festa e do baile no teu centro?
- En que axudaches?
- Cales foron os aspectos que mellor saíron?
- Que mellorarías?
- Que cambios cres que hai no baile de hoxe respecto dos daquela época?
- Como cres que cambiou o papel da muller desde entón ata hoxe?