
Ao pouco, achegouse o mordomo do pazo. De etiqueta impecable, o señor Pedro presumía da súa habilidade no baile de minueto. Cun paso elegante e un xesto altivo, deslizouse polo salón ante a atenta mirada de todas as persoas presentes.
O mestre Xohán, diante dos músicos e músicas da súa pequena orquestra e coa batuta en alto, explicou:
— "O minueto, queridos amigos e amigas, é un baile cortesán de ritmo ternario, en compás de tres tempos nos que se acentúa o primeiro".
Danzamos?
Lectura facilitada
Ao pouco, achegouse o mordomo do pazo.
O señor Pedro presumía da súa habilidade no baile de minueto.
Cun paso elegante e un xesto altivo, deslizouse polo salón ante a atenta mirada de todos.
O mestre Xohán diante dos músicos e músicas da súa pequena orquestra e coa batuta en alto, explicou:
— "O minueto, queridos amigos e amigas, é un baile cortesán de ritmo ternario, en compás de tres tempos nos que se acentúa o primeiro".
Danzamos?
