Saltar navegación

4.2. Saíndo ao patio

 

Glosario

Diana de valoración

Pictograma diana

Definición:

Obxecto ou elemento con varios puntos de referencia que serven parar valorar un aspecto concreto.

Exemplo:

A actividade gustoulle moito polo que a súa valoración foi moi positiva na diana.

Influencers en acción


Influencers no patioUnha vez practicados todos os xogos e coa información do que está ben e do que tedes que mellorar, chegou a hora de dinamizar o patio do voso cole para que o alumnado do centro teña maiores posibilidades de xogo no tempo de lecer.

Agora, a vosa figura é moi importante, xa que da vosa implicación dependerá que os vosos compañeiros e compañeiras gocen de actividades diferentes e divertidas.

Esta actividade realizarédela no seguinte recreo, converténdovos por fin en verdadeiros influencers motrices.

Lectura facilitada

Unha vez practicados todos os xogos, chegou a hora de dinamizar o patio do voso cole.

O alumnado do centro terá maiores posibilidades de xogo no tempo de lecer.

A vosa figura é moi importante, xa que da vosa implicación dependerá que os vosos compañeiros e compañeiras gocen de actividades diferentes e divertidas.

Esta actividade realizarédela no seguinte recreo, converténdovos por fin en verdadeiros influencers motrices.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)