Glosario
Deseñar
-
Definición:
-
Facer o deseño de algo, xa sexa unha idea, un proxecto...
-
Exemplo:
-
O arquitecto deseñou o proxecto do edificio.
Definición:
Facer o deseño de algo, xa sexa unha idea, un proxecto...
Exemplo:
O arquitecto deseñou o proxecto do edificio.
Agora que xa sabedes o que é un cartel, os tipos de cartel e as súas características, estades preparados para comezar a deseñar.
En cada grupo deberedes crear o cartel do xogo que dinamizaredes. Os carteis empregarédelos o día que que dinamizaredes os patio como influencers motrices.
O obxectivo deste pequeno reto é captar a atención do alumnado para que xogue aos xogos que ides propoñer.
Agora que xa sabedes:
Xa estades preparados para comezar a deseñar.
Cada grupo deberedes crear o cartel do xogo que dinamizaredes.
Os carteis empregarédelos o día que que dinamizaredes os patio como influencers motrices.
O obxectivo deste pequeno reto é captar a atención do alumnado para que xogue aos xogos que ides propoñer.
Xa vistes que na creación dun cartel é moi importante o deseño.
Agora que xa coñecedes o que é un cartel, os tipos de carteis, as súas partes e as características que debe ter, é o momento de crear a cartelería dos xogos que ides ofrecerlle aos vosos compañeiros e ás compañeiras. Pensade que ter carteis rechamantes pode facer que os nenos e nenas se animen a xogar.
Unha vez elaborados os carteis, o ideal é facer unha comprobación para ver se cumpren cos requisitos que xa coñecedes. Esta revisión é clave para posibles modificacións antes de levar as vosas propostas ao patio.
A continuación, poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
Xa vistes que na creación dun cartel é moi importante o deseño.
Agora xa coñecedes:
É o momento de crear a caretelería dos xogos que ides ofrecerlle aos vosos compañeiros e ás compañeiras.
Pensade que ter carteis rechamantes pode facer que os nenos e as nenas se animen a xogar.
Unha vez elaborados os carteis, o ideal é facer unha comprobación para ver se cumpren cos requisitos que xa coñecedes.
Esta revisión é clave para posibles modificacións antes de levar as vosas propostas ao patio.
A continuación, poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.
|
Ítem |
Si |
Non |
|---|---|---|
|
Indícase o nome do xogo? |
||
|
Descríbese o xogo? |
||
|
Indícase o material? |
||
|
Descríbense as normas? |
||
|
É rechamante? |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0