3.3. Os carteis

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Cartel

Pictograma cartel

Definición:

Folla de maior tamaño ca un folio, na que se imprime un anuncio e que se coloca nun lugar público para captar a maior atención posible.

Exemplo:

O club de baloncesto colocou un cartel na praza do concello para que os nenos e nenas se animen a formar parte dos seus equipos.

A cartelería

Ocultar

Alumnado dialogando para motivar aos compañeiros e compañeiras a xogar no patioAgora que se practicaron os posibles xogos cos que dinamizaredes os vosos recreos, hai que dar un paso adiante.

Queredes que os nenos e nenas xoguen ao que ides propoñer, verdade? Pois hai que motivalos!

Farase un reparto dos xogos que se seleccionaron e prepararedes un cartel para cada un deles. Recordade que é importante que aos nenos e nenas lles chame á atención. Pode haber alumnado que teña dúbidas de se participar ou non, polo que o cartel pode animalos a probar o xogo e que finalmente participen. A maiores, os carteis deben ser fáciles de comprender.

Pero antes disto, sabedes o que é un cartel?

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Agora que se practicaron os posibles xogos cos que dinamizaredes os vosos recreos, hai que dar un paso adiante.

Queredes que os nenos e nenas xoguen ao que ides propoñer, verdade?

Pois hai que motivalos!

Farase un reparto dos xogos que se seleccionaron.

Prepararedes un cartel para cada un deles.

Recordade que é importante que aos nenos e nenas lles chame á atención.

Pode haber alumnado que teña dúbidas de se participar ou non, polo que o cartel pode animalos a probar o xogo e que finalmente participen.

A maiores, os carteis deben ser fáciles de comprender.

Pero antes disto, sabedes o que é un cartel?

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.3.OSCARTEIS.wav?forcedownload=1>

Que é un cartel?

Ocultar

Un cartel é unha lámina de papel, cartón ou outro material que se imprime con frases, imaxes, debuxos, etc., para difundir e amosar mensaxes informativas sobre distintas temáticas ao resto de persoas.

Tipos de carteis

- Publicitarios: comunícase unha mensaxe coa finalidade de dar a coñecer unha marca, un produto, un servizo, promover un evento, unha celebración, etc. A súa fin é convencer ao público de mercar algo.

- Informativos: proporciónase información clara e concreta sobre un tema determinado. A súa fin é informar.

Partes dun cartel

- Título ou frase principal. Debe ser curto e concreto, con letras grandes e rechamantes.

- Imaxe ou ilustración significativa e relacionada co tema.

- Algunha frase curta que explica a funcionalidade do cartel. No caso que nos ocupa, pode ser unha moi breve e concreta descrición do xogo.

- Pode conter un slogan ou frase curta fácil de recordar. Lema orixinal ou impactante que adoita empregarse nos publicitarios.

Características

  • Rechamante.
  • Sinxelo.
  • Expresa a mensaxe con poucos elementos.
  • Comprensión fácil.
  • Bo tamaño.
  • Creativo.
  • O deseño, a imaxe, cores, tipografía, o estilo... deben ser moi coidados para crear un todo harmonioso e equilibrado que ao mesmo tempo capte a atención e sexa fácil de comprender.

Tendo claro isto, usade a imaxinación e as vosas dotes creativas para deseñar os carteis de cada xogo.