Na fase "Sodes influencers!", poñeredes en práctica todo o aprendido anteriormente. Seredes uns verdadeiros dinamizadores do voso recreo.
Simularedes a proposta lúdica para o voso recreo nunha sesión de Educación Física. A sesión será no patio do cole. Por que?
Pola importancia de que a simulación sexa real e así poder comprobar se o xogo se adapta ao espazo do patio ou non. Practicaredes os xogos en grupos e analizaredes cada un deles.
Unha vez feito isto, a proposta estará lista para facela realidade e que os vosos compañeiros e compañeiras a desfruten no recreo.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_4.FASE4.wav?forcedownload=1>