5.3. Valora o teu traballo

A túa participación

Ocultar

Valoro a miña participación no reto. Aplicar
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5)
No traballo en equipoIntegreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Aportei poucas propostas, pero apoie as propostas dos demais. (1.5)Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e as fixen correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Nas sesións motricesParticipei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5)Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1)A pesar de participar en algunhas actividades, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
Na superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. Dinamicei o patio e un xogo co meu grupo. (2)Colaborei na consecución do reto. Dinamicei o patio co meu grupo. (1.5)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. Participei na dinamización do patio pero sen axudar na organización. (1)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá