Paso a paso
Crearedes unha proposta de dinamización do patio, no tempo de recreo, para que os nenos e nenas que teñen dificultades para xogar no patio teñan maior número de posibilidades.
Como?
| Paso 1 |
Crearanse grupos. |
| Paso 2 |
Cada grupo pensará unha serie de preguntas que lle gustaría facer a outros nenos e nenas para que lles conten a súa opinión sobre os recreos do voso centro. |
| Paso 3 |
Entrevistaredes a moitos dos alumnos e alumnas do centro. |
| Paso 4 |
Recompilaredes información sobre os xogos/propostas que vos achegaron. |
| Paso 5 |
Practicaredes esas propostas nunha sesión de Educación Física. |
| Paso 6 |
Clasificaranse os xogos e analizaredes cales son os que se adaptan a unha boa estratexia organizativa para o voso recreo. |
| Paso 7 |
Elaboraredes o produto e levarase á práctica unha simulación nunha sesión de Educación Física. |
| Paso 8 |
Poñerase en práctica o produto nun recreo. |
| Paso 9 |
Analizarase e revisarase o produto. Cal foi o resultado? |