Glosario
Coavaliación

-
Definición:
-
Proceso de avaliación polo cal son os compañeiros e compañeiras de clase os que se avalían entre si.
-
Exemplo:
-
Entre todos os grupos farase unha coavaliación para poder corrixir erros dos xogos.

Unha vez que xa tedes decididos os xogos que levaredes ao patio, é importante saber como se van poñer en práctica. Esta sesión de Educación Física será no patio do recreo.
Pensade que se un mestre de Educación Física leva as clases preparadas, vós tamén deberedes levar todo preparado para minimizar erros.
Que ides facer agora? Simular un recreo nunha sesión de Educación Física. Todos os grupos tedes o voso xogo e o cartel xa deseñado, polo que teredes que poñer en funcionamento a vosa estación de xogo.
En resumo, un equipo fará de influencers motrices, preparando o xogo, e o resto da clase participará.
Tendo claro todo isto, deberedes organizar as estacións de xogo. Cada grupo escollerá un espazo do patio para o seu xogo, tendo en conta as características do xogo e do patio. Alí deberedes colocar o cartel coa súa explicación. Unha vez que todos os xogos sexan situados, poñerédelos en práctica e analizaredes o seu funcionamento.
Unha vez que xa tedes decididos os xogos que levaredes ao patio, é importante saber como se van poñer en práctica. Esta sesión de Educación Física será no patio do recreo.
Pensade que se un mestre de Educación Física leva as clases preparadas, vós tamén deberedes levar todo preparado para minimizar erros.
Que ides facer agora?
Simular un recreo nunha sesión de Educación Física.
Todos os grupos tedes o voso xogo e o cartel xa deseñado.
Agora teredes que poñer en funcionamento a vosa estación de xogo.
En resumo, un equipo fará de influencers motrices, preparando o xogo, e o resto da clase participará.
Tendo claro todo isto, deberedes organizar as estacións de xogo.
Cada grupo escollerá un espazo do patio para o seu xogo, tendo en conta as características do xogo e do patio.
Alí deberedes colocar o cartel coa súa explicación.
Unha vez que todos os xogos sexan situados, poñerédelos en práctica e analizaredes o seu funcionamento.
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_4.1.APROPOSTA.wav?forcedownload=1>
Antes de empezar, tede en conta algo moi importante: non todos os xogos se poden aplicar en todos os espazos. Hai unha serie de aspectos que tedes que ter en conta para decidir onde ides practicar cada xogo. Son estes:
- Número de alumnado do centro que podería participar no xogo.
- Dimensións dos espazos.
- Material.
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_4.1.FX.wav?forcedownload=1>
Despois da posta en práctica de cada xogo, é necesario recibir información sobre o que está ben e sobre o que debedes mellorar.
Así, unha vez practiquedes un dos xogos deberedes cubrir como grupo unha guía de observación sobre a estación de xogo na que acabades de xogar.
Isto serviralle ao grupo de influencers motrices a corrixir cousas para levar estes xogos ao patio cos menores erros posibles.
Ao cubrir a guía, estaredes dándolle información ao grupo sobre aspectos do xogo e do cartel que deseñaron.
Podedes ver a guía facendo clic no botón que aparece aquí abaixo.
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_4.1.%20GUIAOBSERVACION.wav?forcedownload=1>
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0