Glosario
Entrevista
-
Definición:
-
Conversación entre dúas ou máis persoas na que unha delas realiza preguntas á outra ou ás outras co obxectivo de obter información.
-
Exemplo:
-
O xornalista entrevistou a dous mestres do noso cole.

.png)
Que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de xogar ao que máis lles gusta?
Pois, a prepararse! porque converterédesvos en xornalistas e realizaredes entrevistas, durante dous recreos, para obter a información que precisades. Con esta información, como influencers motrices que sodes, organizaredes "estacións de xogo" no voso patio, para dinamizar o tempo de lecer, ao longo dunha semana.
Cal é o reto?
Desenvolver unha proposta de xogos para que o número de nenos e nenas que xoguen no patio aumente, converténdovos en influencers motrices e dinamizadores dos vosos patios escolares.
Que vos parece? Atrevédesvos?
Seredes capaces de que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de xogar ao que máis lles gusta?
Converterédesvos en xornalistas e realizaredes entrevistas, durante dous recreos, para obter a información que precisades.
Con esta información, como influencers motrices que sodes, organizaredes "estacións de xogo" no voso patio, para dinamizar o tempo de lecer, ao longo dunha semana.
Cal é o reto?
Desenvolver unha proposta de xogos para que o número de nenos e nenas que xoguen no patio aumente, converténdovos en influencers motrices e dinamizadores dos vosos patios escolares.
Que vos parece?
Atrevédesvos?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0