O voso diario
Un diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.
No diario, atoparás diferentes partes e preguntas que che axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes, as túas experiencias e opinións.
O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo e para o teu profesorado, xa que permite valorar os progresos e obter moita información de como vai o proceso de ensino-aprendizaxe.
Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes, axudarache a coñecerte mellor. Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía.
Lectura facilitada
Un diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.
As preguntas do diario axudaranche a reflexionar sobre a maneira na que aprendes.
O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo e para o teu profesorado.
Permite valorar os progresos e obter moita información de como vai o proceso de ensino-aprendizaxe.
Lembra que non é para avaliar.
Escribe con sinceridade e analiza a maneira na que aprendes.
Iso axudarache a coñecerte mellor.
Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6577/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_DIARIOAPRENDIZAXE_V01.wav?forcedownload=1>