Herbas medicinais dos Castros
Como xa sabedes a Mauro o que máis lle gusta é os animais e as plantas, así que non podía deixar pasar a ocasión sen investigar como farían os castrexos para curarse cando enfermaba, porque el escoitara falar de herbas medicinais pero non sabía cales eran. Así que sen retrasalo máis púxose a buscar toda a información que puido para elaborar unha guía de herbas medicinais .
Galicia posúe moitas riquezas ben coñecidas por todos, pero a moitos aínda se lles escapa a súa riqueza no que a plantas con usos medicinais refírese. Cando a medicina non era tan accesible como agora, os nosos antepasados valíanse de plantas medicinais que aínda se usan en moitos lugares. Se queredes coñecer algunhas das máis comúns, aquí falámosvos delas. Preme no libro para abrilo.