Os símbolos castrexos
Mauro que era un apaixonado da natureza e os animais preguntábase cómo serían naquela época os bosques, que animais vivirían neles, como sería o mundo sen formigón nin contaminación... Pero fai tanto tempo que existíu esta cultura que non hai moita información sobre eles e menos sobre os temas que lle interesaban a Mauro. Mentres buscaba información atopouse coa referencia a unha lenda sobre unha serpe e unha noticia sobre un Piñeiral con símbolos castrexos.
Para poder entender un pouco máis a cultura castrexa buscou información sobre os símbolos que aparecían nas pedras dos castros, e aquí vos deixa unha pequena mostra. So tedes que premer no botón de información.