Saltar navegación

A proba de Antón

Os xornais

Antón fascinado pola cultura dos castros, rebuscou por internet máis información sobre o de Besomaño. A que máis chamou a súa atención foi un artigo nun xornal, do ano 2013 onde se falaba do achado dun caldeiro de bronce. Sobre ese caldeiro xa lles falara a guía do lugar así que leu moi atentamente a información.

Preme enriba da imaxe do xornal para abrir o enlace e lela ti tamén.

Xornal
clker-free-vector. newspaper-gafb5f781f (Pixabay License)

Tarefa: Somos xornalistas da historia.

Antón proponvos facer de xornalista e seguindo os esquemas e a información que podedes atopar máis abaixo, facer a vosa propia noticia de algún novo acontecemento relacionado coa investigación dos castros. Teredes que usar a información que xa sabedes sobre os castros, as persoas que vivían alí, a época histórica na que estiveron habitados, a súa cultura... e inventarvos algún feito que pensades que podería suceder nalgún dos xacementos. Preme enriba de cada unha das imaxes para abrir os arquivos pdf.

Partes da noticia
CRIS&MATI. Esquema xornal (CC BY-NC-SA)
Pasos para elaborar unha noticia
CRIS&MATI. Pasos noticia (CC BY-NC-SA)



Mano con bolígrafo
chininiproductions. hand-g1ec805cdd (Pixabay License)

Preme na imaxe do bolígrafo e fai a túa propia noticia. Revisa toda a información que che deron os nosos catro amigos/as. Recorda a correción ortográfica, a colocación dos signos de puntuación... Se dubidas con algunha palabra podes consultar o diccionairo da Real Academia Galega premendo na seguinte ligazón:

Páxina da Real Academia Galega