Saltar navegación

A proba de Aldara

Localizamos os castros

Aldara seguía moi interesada no tema dos castros e todos os tipos de edificacións que se podían atopar neles, como se organizaban en familias, as formas das vivendas...

Xa sabía que o número de castros clasificados en Galicia superaba os 3.000, pero ese número era demasiado grande para traballar con el así que decidiu mirar un pouco máis o mapa dos castros do principio da historia e entón xurdíronlle unhas dúbidas para as que necesita da túa axuda:

  • En que localidades se atopan os castros que aparecían marcados no mapa do principio da historia?
  • En que provincias estarán esas localidades?
  • En que provincia haberá máis castros marcados?
  • Será certo que hai máis nas provincias do oeste ou non?

Para axudar a Aldara tes que completar no seu caderno as anotacións que fixo cos nomes dos castros. Busca a que provincia pertence cada un deles e escríbeo debaixo do nome do castro. Preme no caderno de Aldara para abrir o pdf editable.

Caderno
openclipart-vectors. sketchbook-g099b0e7e6 (Pixabay License)

Gráfica dos castros galegos

Unha vez localizados tódolos castros cubre a seguinte gráfica para deixar un rexistro dos teus descubrimentos. Descarga o Pdf e imrpímeo, despois colorea a gráfica de barras e completa a táboa dos datos de cada provincia. Saberías dicir en que provincia ou provincias hai máis castros? e en cal ou cales menos?

grafica dos castros de Galicia
CRIS&MATI. grafica_castros (CC BY-NC-SA)