Fin de curso
Acercábase xa o remate do curso e os nosos amigos/as xa estaban empezando a pensar en cal sería a súa próxima aventura. O venres antes das vacacións como tódolos anos Aldara recibiu un paquete do seu tío Xaime que traballa de arqueólogo asesorando aos Centros de Interpretación dos Castros de Galicia. O paquete viña cunha pequena nota que lle pedía que antes de abrir o regalo debía descubrir o significado dunha palabra : TRIQUETA. ( Preme na imaxe para ler a carta)
Studiogstock. 2511_U1RVRElPIFBD.IDE5MTAtMDQ (CC BY) |
Esa mesma fin de semana invitou a Mauro, Xiana e Antón a merendar á súa casa para empezar a buscar información sobre aquela palabra : o seu significado, a súa orixe...... Aldara e Mauro decidiron buscar en internet información e Xiana e Antón foron a biblioteca. Cando xuntaron a información necesaria reuníronse de novo na casa de Aldara que xa non podía coas ganas de ver que había dentro do paquete, pero tiña que cumprir coa petición do seu tío. Con toda a información que atoparon deron coa resposta: A triqueta é un símbolo formado por tres medias lúas unidas por unha liña pechada. Simboliza unha tripla dimensión: vida, morte e reencarnación para os celtas. Este símbolo atopábase en moitas ocasións en estelas celtas (discos de pedra tallados) que marcaban lugares sagrados para eles onde había santuarios ao aire libre. |
Unha vez cumprida a petición do tío Xaime xa podía abrir o seu regalo: (Preme na caixa para abrir o agasallo)