Saltar navegación

Traballa con Aldara

Os castros

Aldara quedou moi sorprendida coa información da guía do Castro de Besomaño, sobre todo chamoulle a atención a forma das vivendas da cultura castrexa xa que hoxe en día non se atopa en calquera lugar unha casa con forma circular. Así que decidiu informarse un pouco máis sobre esas vivendas tan peculiares.

castro

Norberto Ortiz51568659385_7c6f6a5737_c (CC0)

Os castros  son a primeira construción  doméstica estable que aparece en  Galicia e supon para á  poboación ter unha vivenda fixa.

Calcúlase que  en Galicia podería haber miles de  poboados  castrexos cunha distribución xeográfica desigual polo territorio. 

As vivendas, situadas na  croa ou parte central do castro, construíanse con pedra, sobre todo a base de lousa, xisto ou granito -dependendo da diversidade xeolóxica da zona- e tiñan unha cuberta vexetal, utilizando palla de cereais ou ramas de árbores. Nos grupos de construcións intégranse vivendas, currais, almacéns, talleres… Algunhas vivendas presentan ademais espazos engadidos a modo de vestíbulo, probablemente para uso agrícola ou doméstico.

 A luz interior chegaría por un oco na parte alta que tamén faría as funcións de cheminea para a saída do fume producido polo lume. Unha especie de lareira que se colocaba no centro da planta da casa.

A vivenda castrexa é circular con paredes de pedra e uns 5/6 metros de diámetro. Ata o contacto cos romanos mantívose esta estrutura de vivenda circular cunha lareira no centro da base. O motivo non era outro que afastar o lume todo o posible do teito, para reducir o risco de incendio.
Para abastecerse de auga adoitaba haber pozos ou mananciais no recinto do castro, ou auga procedente de regachos e ríos próximos, ademais de auga de choiva aproveitada en concavidades naturais, en alxibes de pedra ou en grandes recipientes cerámicos. No seguinte libro podedes ver máis información sobre os elementos dos castros, premendo na imaxe.

elementos dos castros
CRIS&MATI. Elementos dos castros (CC BY-NC-SA)

Premendo na imaxe accede a un pequeno texto sobre o tema, con pictogramas:

Persoa lendo
clker-free-vector. person-g5c0a7c3b0 (Pixabay License)

Imos comprobar canto recordas!

Pregunta

1-. A primeira construción  doméstica estable que aparece en Galicia denomínase:

Suxestión

É a primeira representación arquitectónica, que aparece en Galicia, da cultura castrexa.

Respostas

choza.

castro.

croa.

Retroalimentación


Pregunta

2-. O primeiro elemento imprescindible do poboado castrexo denomínase:

Suxestión

Repasa a información de Aldara

Respostas

muralla.

foso.

croa.

Retroalimentación


Pregunta

3-.  Os castros que están situados en pequenos outeiros ou elevacións, con planta circular ou  ovalada e amurallados denomínanse:

Suxestión

Recorda que os castros segundo a súa ubicación clasifícanse en tres tipos.

Respostas

castros de montaña.

castros costeiros.

castros de interior.

Retroalimentación


Pregunta

4-. Con que elemento de construción se delimita o propio asentamento na cultura castrexa?

Suxestión

Este elemento dos castros ten diferentes funcións segundo os estudios realizados.

Respostas

Fosos.

Murallas.

Antecastros.

Retroalimentación


Pregunta

5-.Onde se atopan os antecastros, espazos acoutados que poderían ter unha utilización diversa: pastoreo, cultivo, talleres artesáns?

Suxestión

Aldara explícache no texto que son os antecastros, le con moita atención.

Respostas

No centro do castro.

No exterior do castro.

No interior do castro.

Retroalimentación


Pregunta

6-. Os castros que presentan unha planta de forma variada, adaptándose ao terreo  escarpado para establecer defensas naturais no litoral denomínanse:

Suxestión

Recorda que os castros segundo a súa localización clasifícanse en tres tipos.

Respostas

castros de montaña.

castros de interior.

castros costeiros.

Retroalimentación


Pregunta

7-. Que materiais se utilizaban na cultura castrexa para facer as vivendas?

Suxestión

Na explicación de Aldara atoparás toda a información.

Respostas

Barro para as paredes e lousas para o tellado.

Pedra para as paredes e barro para o tellado.

Pedra para as paredes e palla ou ramas de árbores para o tellado.

Retroalimentación


Pregunta

8-. Cal é o diámetro da casa castrexa?

Suxestión

Fíxate ben nas unidades de medida.

Respostas

5-6 km

5-6 cm

5-6 m

Retroalimentación


Pregunta

9-. Os castros que teñen forma oval e ocupan as ladeiras de montañas aproveitando o desnivel natural como defensa para engadir murallas e fosos denomínanse:

Suxestión

Recorda que os castros segundo a súa localización clasifícanse en tres tipos.

Respostas

Castros de montaña.

Castros costeiros.

Castros de interior.

Retroalimentación


Pregunta

10-. Nas casas castrexas onde se situaba a lareira?

Suxestión

Repasa a información de Aldara.

Respostas

No centro da casa.

Cerca da porta.

Ao lado sur da casa.

Retroalimentación