Saltar navegación

Traballa con Xiana

Sociedade e economía castrexa

A Xiana o que máis lle chamou a atención era como se organizaban os castrexos porque polo que ela escoitara non había nin un xefe do grupo nin un goberno como temos hoxe en día. Estaba interesada en descubrir como era a súa vida día a día como se alimentaban, como se organizaban, todo lle parecía tan interesante que non sabía por onde empezar. Cando remataron a visita foi buscar a guía para que lle contara máis cousas da cultura castrexa e a verdade é que descubriu moitas cousas e agora quere contárvolas.
Vivenda dun castro
CRIS&MATI. Vivenda dun castro (CC BY-NC-SA)

A sociedade  castrexa carecía de Estado, non existía unha autoridade superior que coordine aos distintos grupos sociais. Defínese como unha sociedade non igualitaria pero sen estar   xerarquizada.

A sociedade estaba organizada en base a vínculos familiares e de parentesco, cunha xerarquización social e  unha distribución desigual da riqueza. A unidade máis pequena era a familia ou  gens, seguida da centuria liderada por un xefe, que á súa vez formaba parte dun  populus.

Nos primeiros castros non existían tantas diferenzas sociais, pero conforme avanza a Idade de ferro empezan a ser máis acusadas. Tamén depende da zona, por exemplo nas montañas de Lugo as diferenzas eran menos marcadas, pero na costa ou o sur de Galicia atopáronse elementos que indican máis riqueza e poder. 

Se nos baseamos en certos estudos académicos, Galicia lideraría unha especie de aristocracia guerreira, onde as mulleres poderían ter certas propiedades e os homes consagraríanse á actividade militar.

Na última capa social situaríase unha poboación numerosa que podería traballar as terras dos poderosos, aínda que tampouco é un feito confirmado. Na última etapa da cultura  castrexa, a finais da Idade do ferro, as familias eran grandes e crese que vivían varias xeracións na mesma casa, ata sumar 20/30 membros.

  • CLAN ou GENS. Unidade social inferior. Os seus membros terían un antepasado común, coma se fosen da mesma familia. 
  • CENTURIA. Unidade político-militar. Cada centuria tiña un líder, trátase dunha asociación só de homes. Crese que cada  unha destas organizacións  posuía cultos e deuses propios, mesmo territorios diferenciados.
  • POPULUS. Varias centurias agrupadas. Esta unidade tiña uns límites  territoriais claramente definidos e ata unha capital.
(Preme na imaxe para ampliala)
economia castrexa
CRIS&MATI. Economía castrexa (CC BY-NC-SA)


Premendo na imaxe accede a un pequeno texto sobre o tema, con pictogramas:

Persoa lendo
clker-free-vector. person-g5c0a7c3b0 (Pixabay License)

Unha ollada a cultura castrexa.

Ademais de toda a información que atopamos aquí vos deixo este vídeo para comprender un pouco máis a cultura castrexa. Espero que vos guste, mirádeo con moita atención porque di cousas moi interesantes.

Ouroborus trece. Castros e castrexos-Galicia_1 (CC BY)

Completa as palabras que faltan

A sociedade estaba organizada en base a vínculos e de parentesco, cunha xerarquización social e  unha distribución desigual da riqueza. A unidade máis pequena era a familia ou  , seguida da liderada por un xefe, que á súa vez formaba parte dun  .

A   castrexa era con base de cereais e  leguminosas, ademais de coa explotación do gando bovino, e ovino en menor medida. Tamén practicaban a , especialmente a do cervo, corzo e xabaril,  a pesca, o marisqueo e a de froitos.

Habilitar JavaScript