Saltar navegación

Aprendemos sobre os xacementos castrexos

Informámonos

Castro
Jose Luis Cernadas Iglesias. Castro_de_Borneiro_en_Cabana_de_Bergantiños_(Coruña) (CC BY)

Como era de esperar os nosos amigos/as non se ían quedar con dúbidas sobre o tema, así que puxéronse a indagar un pouco máis sobre onde se podían atopar estes símbolos en Galicia e que era iso dos xacementos castrexos nos que estaba a traballar o tío de Aldara. Empezaron a axexar novamente en internet e descubriron que eran moitos os lugares que podían escoller para visitar un xacemento castrexo en Galicia, algúns máis preto da súas casas que outros. De feito non só existían este tipo de poboamentos en Galicia senón que tamén os había no norte de Portugal e outras zonas da Península  Ibérica.

Martins_Sarmento
António Augusto da Silva Cardoso. Martins_Sarmento (CC0)

Atopáronse pegadas dunha cultura que habitou nos castros desde finais da Idade de Bronce (século IX/VIII a. C.) ata o século II d. C. Non está clara a data exacta da súa orixe, sobre o fin do seu período non hai dúbida: tivo lugar coa chegada dos romanos no século II d. C. Desenvolveuse durante a Idade do Ferro .

O estudo e investigación da cultura  castrexa conta con máis dun século de evolución. Iniciada por Martins  Sarmento a finais do século  XIX, foi continuada pola  Sociedade Martins  Sarmento e máis tarde José  Leite de  Vasconcelos que establece a  colaboración luso-galega en materia de cultura  castrexa.

Leite_de_Vasconcelos
Photographia Guedes. Leite_de_Vasconcelos (CC0)

Nas súas investigacións descubriron que o número de castros clasificados en Galicia superan os 3.000, aínda que só uns centos se atopan visibles en parte. Neste mapa podedes ver a localización dalgúns castros, se premes nel poderás navegar por google maps con tódalas súas funcións.

Mapa castros

A seguinte fin de semana os pais de Aldara tiñan que achegarse á comarca do Salnés por temas de traballo e viron tan interesados no tema aos nosos catro amigos/as que lles propuxeron levalos ao Monte do Castro, para ver o Castro de Besomaño, a facer unha visita guiada. Por suposto aceptaron ao instante.
CRIS&MATI. Viaxe no tempo.Xacemento castrexo (CC BY-NC-SA)




As dades da historia

Neste vídeo atoparás a explicación sobre como se dividen as épocas da prehistoria e a historia, ademais aprenderás a calcular os século desde antes de Cristo (aC) e despois de Cristo (dC). Recorda premer enriba da opción de activar subtítulos para poder lelos en galego.

CRIS&MATI (Subtítulos en galego). As idades da historia (CC BY-NC-SA)

Liña do tempo

Preme AQUI para descargar un esquema sobre as idades da historia que che axudará a completar a tarefa da liña do tempo dos Castros galegos.

TAREFA: Localizamos no tempo a época dos castros e o poboamento do Monte do Castro.

Preme AQUÍ para abrir a ficha nun pdf editable.

Tamén podes facela directamente nesta ficha interactiva para comprobar as respostas.