Xunto a Xiana imos recordar a información que nos contou a guía do Monte do Castro. Colle o teu caderno e escoita atentamente. Cada certo tempo aparecerá unha pregunta que terás que responder para seguir avanzando.
A proba de Xiana
Vídeo da guía do Monte do Castro
Reconto arqueolóxico
O traballo de campo que fan os/as arqueólogos/as é moi importante. Teñen que ir con moito coidado para non danar o que poidan atopar e por suposto documentar todos os seus achados indicando o lugar exacto no que apareceron. Xiana proponvos facer unha proba de rexistro de varios elementos arqueolóxicos atopados. Para poder localizalos pódense usar cuadrículas colocadas sobre o terreo e rexistrar mediante coordenadas a súa posición. Mira a imaxe e localiza, coas coordenadas de cada cadrado os 10 elementos agochados. Se precisas vela máis grande, preme enriba dela.
Comproba o teu rexistro
Escribe as coordenadas de cada un dos 3 elementos atopados na escavación.
Gráfica de elementos atopados en Besomaño
A guía do Castro de Besomaño deixoulle ver o rexistro das pezas atopadas ata o momento nas escavacións. Xiana foino copiando pouco a pouco no seu caderno pero non lle dou tempo a completalo. Xa sabe que apareceron unha grande cantidade de elementos de cerámica, uns 20.600. Axúdalle lendo a gráfica e poñendo de maneira aproximada os datos que faltan no resto de elementos atopados.
Preme na imaxe para descargar e cubrir o pdf.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0