A cultura nos castros
Un dos lugares que máis lle gusta a Antón é a biblioteca. Alí pode desfrutar de aventuras, meterse na pel dun detective, dun cociñeiro... ou o que lle ía pasar nesta ocasión, viaxar no tempo para coñecer novas culturas. Os castros fai moitos séculos que deixaran de estar habitados pero había tantos xacementos en Galicia que estaba seguro de atopar cousas interesantísimas sobre eles nalgún libro.
Desta volta tiña claro onde buscar: na sección de historia. Un dos libros que atopou, cunha imaxe dun castro na portada serviulle para conseguir a información que buscaba.
Preme enriba da imaxe para poder abrir o libro e ler a información.
Recorda buscar tódalas palabras que che resulten difíciles de entender. Antón comparte contigo o enlace ao dicionario da Real Academia Galega.
Premendo na imaxe accede a un pequeno texto sobre o tema, con pictogramas: