4.8.- Bloques de control

Ocultar

O menú control acolle os bloques propios das estruturas condicionais e repetitivas. Tamén temos outros bloques, como os de fixar inicio, agardar, agardar ata, deter, crear clon de, cando comece como clon e borrar este clon.

Podemos consultar os menús destes bloques, ou tipo de bloques, e o que contén cada un premendo no apartado correspondente.

Estruturas condicionais

Nun programa con condicionais determinamos o fluxo de datos en función do cumprimento ou non dunha determinada requisito (condición). A condición cumprirase (verdadeiro) ou non (falso).

Os condicionais cos que traballamos en Scratch son o SE … ENTÓN … (If … then …); e o SE … ENTÓN … SENÓN … (If … then … else …).

Pizarra cun debuxo de dúas frechas en dúas direcións que parten dun suceso denominado "your way". A frecha da dereita pon "one way" e a da esquerda pon "another way".
Geralt en Pixabay. Direction (CC0)

+ -

» Condicional simple: SE ... ENTÓN ... (If ... then ...)
Imaxe do bloque Se Entón de Scratch
Manuel Torres Búa a partir de ScratchBloque Scratch Se..entón... (CC BY-SA)

Ao cumprirse a condición, (verdadeira), execútase o bloque ou a secuencia que rodea o bloque condicional. Se non se cumpre (falso), continúa o programa.

» Condicional dobre: SE ... ENTÓN ... SENÓN ... (If ... then ... else ...)
Imaxe do bloque de Scratch Se...Entón...Senón...
Manuel Torres Búa a partir de ScratchBloque Scratch Se..entón...senón... (CC BY-SA)

Agora, ao cumprirse a condición, (verdadeira), execútase o bloque ou a secuencia que rodea o bloque condicional, debaixo de se … entón. Se non se cumpre (falso), execútase o bloque ou secuencia que rodea o condicional, debaixo de senón. 

» Condicional múltiple

Para conseguir un condicional múltiple aniñamos varios condicionais dobres en cascada como amosa o vídeo. 

Estruturas repetitivas

Nas estruturas repetitivas ou iteractivas existe un bucle que obriga a repetir unha acción ou unha secuencia. A repetición realízase un número determinado de veces, sempre ou ata que se cumpra unha determinada condición que estipulamos.

Logotipo co nome "reload" e na O unhas frechas cíclicas.
Anilreload529 en Wikimedia Commons. Reload (CC BY-SA)

+ -

» Repetir
Imaxe do bloque de Scratch "Repetir"
Manuel Tores Búa a partir de Scratch. Bloque repetir de Scratch (CC BY-SA)

O bloque coa instrución repetir executará unha e outra vez a secuencia de accións que incluímos nel ata chegar ao número de veces que especificamos.

» Para sempre
Imaxe do bloque de Scratch "Para sempre".
Manuel Torres Búa a partir de Scratch. Bloque para sempre (CC BY-SA)

O bloque coa instrución para sempre reproduce indefinidamente a secuencia que contén.

» Repetir ata
Imaxe do bloque "Repetir ata que" de Scratch
Manuel Torres Búa a partir de Scratch. Bloque repetir ata que (CC BY-SA)

Repetir ata que establece unha condición que de cumprirse realizaríase o bucle de repetición

Outros elementos de control

O menú control, ademais dos bloques propios das estruturas de control e repetitivas ten outros bloques, como os de fixar inicio, agardar, agardar ata, deter, crear clon de, cando comece como clon e borrar este clon.

Premer a continuación para ver a lista completa.

Botón de acceso aos bloques de control.

Exemplos de condicionais

Ocultar

Algúns vídeos con exemplos sinxelos de condicionais.

Estruturas repetitivas

Ocultar

Algún vídeo con exemplos sinxelos de estruturas repetitivas.