Saltar navegación

4.6.- O primeiro proxecto Scratch

Manuel Torres Búa remix de Avioneta con banner y con paisaje de Eduteca en Scratch.mit.edu.. Comezamos! (CC BY-SA)

Podemos facer o noso primeiro proxecto básico, tal e como se nos propón na web de Scratch, seguindo os pasos que nos indican. Cando entramos en Scratch, prememos en próbao. Abrirase o noso primeiro proxecto en branco. Os cambios que vaiamos facendo gardaranse automaticamente. Á dereita do escritorio temos un marco denominado primeiros pasos, onde podes ver o primeiro proxecto que nos propoñen. Trátase de seguir as instrucións que nos da o titorial ata obter un resultado similar.

Podemos seguir o proxecto dende aquí, onde se reproduce o titorial. O vídeo seguinte amosa o proceso de elaboración deste primeiro proxecto. Podemos consultalo se o precisamos.

Botón de acceso ao vídeo. 

[Manuel Torres Búa a partir de Scratch. Primeiros pasos con Scratch. (CC BY SA)]

Scratch, do Lifelong Kindergarten Group do MIT Media Lab. Primeiros Pasos con Scratch (CC BY-SA)

Prememos en próbao. (preme sobre a imaxe para vela a un maior tamaño)

Escritorio inicial de Scratch cunha frecha sinalando o apartado "próbao"
Manuel Torres Búa a partir de Scratch. Escritorio inicial de Scratch (CC BY-SA)

Proxecto Inicial en branco. Primeiros pasos. (Preme sobre a imaxe para vela a un maior tamaño).

Proxecto inicial en branco
Manuel Torres Búa a partir de Scratch. Proxecto inicial (CC BY-SA)