4.11- Tentámolo?
Podemos comezar facendo algún dos proxectos guiados que ten a páxina de Scratch. No menú lateral dos proxectos Scratch, temos as ferramentas para aprender e avanzar. Na pestana Paso a paso (Step-by-Step), ofrécensenos diferentes proxectos con titoriais para realizalos pouco a pouco. Na segunda pestana, Como facer, explícase a forma de realizar unha serie de accións habituais en Scratch. Por último na pestana Bloques temos unha descrición detallada do que fai cada un dos bloques de Scratch.
Inserimos abaixo o menú lateral de Scratch.
Titorial con proxectos para facer paso a paso.
(Premer sobre a imaxe para vela a maior tamaño)
![Paso a paso Menú paso a paso da páxina de proxectos de Scratch](paso_paso.png)
Neste menú guíannos para programar efectos, animacións, xogos, historias e música.
(Premer sobre a imaxe para vela a maior tamaño)
![Como facer? Mebúa como facer do escritorio de proxectos Scratch](como_facer.png)
Descrición detallada do funcionamento de todos os bloques de Scratch. (Para consulta).
(Premer sobre a imaxe para vela a maior tamaño)
![Bloques Menú bloques](bloques.png)
Exemplos
Nesta ligazón de Scratch atoparemos unha serie de titoriais para algunhas tarefas sinxelas relacionadas cos obxectos e as imaxes de Scratch. Son un bo material para adestrarse nas etapas iniciais.
Acceso aos videotitoriais: https://scratch.mit.edu/help/videos/#Paint%20Editor%20Tips
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0